Sedes

Museo Arqueolóxico Nacional (MAN)

O Museo Arqueolóxico Nacional é unha institución pública que ten por obxectivo ofrecer a toda a cidadanía unha interpretación rigorosa, atractiva, interesante e crítica do significado dos obxectos que pertenceron aos distintos pobos da actual España e do ámbito mediterráneo, desde a antigüidade ata épocas recentes, de maneira que, a través da historia, poida analizar e comprender a realidade actual. Desde a súa creación foi o primeiro museo arqueolóxico do país grazas á relevancia e amplitude cronolóxica e xeográfica das súas coleccións. Por este motivo, os bens que alberga son fundamentais para o coñecemento dos pobos e culturas que se desenvolveron na península ibérica e no seu contorno mediterráneo ou europeo desde a prehistoria ata o século XIX.

  • Páxina web: http://www.man.es
  • Enderezo: rúa Serrano, 13, 28001 Madrid
  • Teléfono: +34 915 777 912
  • Correo electrónico: secretaria.man@cultura.gob.es
  • Duración da exposición: do 1 de novembro de 2018 ao 3 de marzo de 2019
  • Horario da visita: De martes a sábado, de 9.30 a 20.00 h
    Domingos e festivos, de 9.30 a 15.00 h
  • Entrada gratuíta

Museo de Pontevedra

O Museo de Pontevedra foi creado pola Deputación Provincial o 30 de decembro de 1927. É unha institución pública sen ánimo de lucro ao servizo da sociedade e do seu desenvolvemento. Ten como misión conservar, exhibir, investigar e difundir unha ampla colección de obxectos arqueolóxicos, artísticos, históricos e etnográficos, así como ofrecer exposicións temporais que inclúan pezas en préstamo, e contribuír ao desenvolvemento artístico e cultural da provincia de Pontevedra levando a cabo e participando en actividades de relevancia nacional e internacional. Realiza un labor de investigación propio centrado principalmente nos seus fondos, pero tamén en diferentes aspectos da historia da cidade, da provincia ou de Galicia. Ao mesmo tempo colabora noutros programas de investigación e con diferentes institucións. O Museo de Pontevedra está composto por seis edificios: Ruínas de San Domingos, Edificio Fernández López, Edificio Castro Monteagudo, Edificio García Flórez, Edificio Sarmiento e Sexto Edificio.

  • Páxina web: http://www.museo.depo.gal/
  • Enderezo: Sexto Edificio, rúa Padre Amoedo Carballo, 3, 36002 Pontevedra
  • Teléfono: +34 986 804 100
  • Correo electrónico: secretaria.museo@depo.es
  • Duración da exposición: do 4 de outubro ao 2 de febreiro de 2020
  • Horario da visita: De martes a sábado, de 10.00 a 21.00 h
    Domingos e festivos, de 11.00 a 14.00
    Luns, pechado
    24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro, pechado
  • Entrada gratuíta

Museo de Prehistoria de Valencia

O Servizo de Investigación Prehistórica da Deputación de Valencia (SIP), e o seu Museo de Prehistoria, creouse no ano 1927 como unha institución científica dedicada a conservar, investigar e difundir o rico patrimonio arqueolóxico valenciano. Desde entón o SIP desenvolveu un intenso labor de campo en xacementos arqueolóxicos coma a Bastida de les Alcusses de Moixent, a Cova Negra de Xàtiva, a Cova del Parpalló de Gandía ou o Tossal de Sant Miquel de Llíria. Os materiais obtidos nestas escavacións pronto constituíron uns fondos cuxo valor científico e patrimonial converteu o SIP, e o seu museo, nun dos máis importantes de España. Na actualidade o Museo de Prehistoria ten máis de 80 anos. En 1982 situouse definitivamente na antiga Casa da Beneficencia e en 1995 abríronse ao público as actuais salas de Prehistoria, Cultura Ibérica e Mundo Romano, e tamén a Biblioteca.