PUBLICACIÓNS E PRODUTOS

Catálogo

Catalogo

“Galaicos, un pobo entre dous mundos” é unha impactante guía arqueolóxica e visual da provincia de Pontevedra na que se mostran 2.000 anos da historia de Galicia, desde a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo, a través de 20 emblemáticos xacementos situados na provincia de Pontevedra. O noroeste da península ibérica é unha das zonas de España cunha maior densidade de xacementos arqueolóxicos. A guía contén unha ampla e atractiva demostración gráfica, con 160 impactantes ilustracións e fotografías, así como fichas didácticas e textos das escavacións elaborados polas arqueólogas e arqueólogos que traballaron nelas. Este material amósanos, de primeira man e de maneira didáctica, a enorme riqueza deste patrimonio cultural único. Ademais, inclúe perspectivas aéreas nunca vistas, obtidas por medio de drons. Na guía faise un percorrido polos xacementos da Cabeciña, Penalba, Santa Trega, A Lanzada, monte do Facho, monte do Castro, Alobre, Castrolandín e Adro Vello, entre moitos outros. Trátase dunha coedición da Deputación de Pontevedra e Alvarellos Editora. Nela inclúense os resultados das investigacións máis recentes, que sitúan a Galicia na prehistoria como ponte entre o Atlántico e o Mediterráneo.

Ficha Técnica:

Formato: 20x19 cms

180 páxinas.

ISBN 978-84-16460-47-2

PVP: 24€