Ámbitos

1INTRODUCIÓN: UN POBO ENTRE DOUS MUNDOS

A Lanzada (Sanxenxo)

A exposición iníciase cun audiovisual que tenta transmitirlle á e ao visitante unha idea clara, que na costa atlántica existiu ao longo da prehistoria e a historia antiga unha conexión entre dous mundos: a cultura atlántica e a cultura mediterránea. A súa excelente posición xeográfica convértea nun territorio de confluencia de tradicións culturais atlánticas e mediterráneas e con gran actividade comercial. A posición estratéxica da península ibérica, as rutas comerciais marítimas e terrestres, as distintas expedicións, as conquistas e a chegada de novos pobos debuxan unha área intercomunicada ao longo de máis de 2.000 anos de historia.

2CAMPESIÑOS E GUERREIROS? IDADE DE BRONCE FINAL (1.500-800 a . n. e)

Ilustración Petroglifos
As comunidades deste período caracterízanse por un modo de vida itinerante, imposto pola agricultura extensiva e a gandería. Algunhas das particularidades máis representativas son a existencia de pequenos poboados abertos, a intensificación da produción e a presenza de estruturas de almacenamento de excedente agrario. Un dos mecanismos principais para o funcionamento destas comunidades é o intercambio, sobre todo o vinculado coa metalurxia, que achega innovacións tecnolóxicas e materiais que axudan a introducir importantes cambios. As comunidades da Idade de Bronce deixan un legado artístico excepcional: a arte rupestre atlántica.

  • Machada da Cabeciña (Oia). Museo de Pontevedra

    Machada da Cabeciña (Oia). Museo de Pontevedra

  • Machadas de talón, Depósito de Samieira (Poio). Museo de Pontevedra

    Machadas de talón, Depósito de Samieira (Poio). Museo de Pontevedra

A Cabeciña A Cabeciña (Oia)


A Cabeciña sitúase en Oia , na costa suroeste de Galicia. Neste lugar, cunha ampla panorámica sobre o Atlántico, levantouse un recinto fortificado mediante a construción dunha muralla monumental. Nesta paisaxe sitúase unha estación de arte rupestre na que destacan os gravados de combinacións circulares incompletas engarzadas unhas con outras, excepcionais en Galicia e idénticos aos documentados na fase final do megalitismo en sitios como o dolmen de Gavrinis na Bretaña francesa.

3POBOADOS FORTIFICADOS. IDADE DE FERRO (800-400 a . n. e.)

Ilustración Ilustración do Castro do Ferro

O nacemento dos castros no noroeste peninsular a comezos do primeiro milenio a. n. e., modifica o modelo de hábitat vixente durante a Idade de Bronce. O castro é unha fortificación; pero tamén é un monumento de prestixio e un símbolo material desta comunidade guerreira e campesiña. Trátase de poboados sinxelos, cun único recinto e de pequeno tamaño. As unidades domésticas na Idade de Ferro I son construcións máis sólidas que as do Bronce Final. Unha importante innovación foi a introdución do ferro; o seu uso e produción contribuirán ao desenvolvemento de ferramenta agrícola, o que facilitará unha agricultura cada vez máis intensiva e, con ela, unha maior conflitividade e desigualdade social.

  • Cuchillo de Alobre. Museo de Pontevedra

    Cuchillo de Alobre. Museo de Pontevedra

Couto de Penalba (Campo Lameiro)


En Campo Lameiro atópase, nun pequeno territorio de 64 km2, a maior concentración de gravados rupestres de Europa; gracias a iso converteuse na capital da arte rupestre de Galicia. Na cima do couto de Penalba consérvase a Pedra da Serpe, un petróglifo asociado a rituais de fecundidade. Entre os achados desta área destaca unha espada afalcatada de orixe mediterránea. O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) é unha verdadeira experiencia, xa que o patrimonio cultural e o natural se dan a man para desvelar a maxia dos gravados rupestres galegos.

4O ATLÁNTICO ÁBRESE AO MEDITERRÁNEO (400-19 a. n. e)

Ilustración Askós de Alobre (Vilagarcía de Arousa)
O predominio cartaxinés abre novas rutas e permite o acceso ao mercado atlántico. O ata agora esquecido e marxinal noroeste peninsular intégrase dentro dos circuítos comerciais que unían o Atlántico e o Mediterráneo. Tras a Primeira Guerra Púnica a irrupción de Roma como nova potencia obrigará aos mercadores púnicos a buscar novos ámbitos nos que poder abastecerse de materias primas a cambio das súas producións. Será cando se establezan as rutas comerciais que traerán ao mercado atlántico do noroeste un número cada vez máis abundante de materiais e obxectos de procedencia mediterránea. A unidade doméstica na Idade de Ferro II posúe unha estrutura complexa segundo o progreso económico da familia e a súa necesidade de xestionar o excedente agropecuario.

  • Pulseira do Monte do Castro (Ribadumia). Rafael M.ª Rodríguez Martínez

    Pulseira do Monte do Castro (Ribadumia). Rafael M.ª Rodríguez Martínez

  • Caldeiro de bronce do Monte do Castro (Ribadumia). Museo de Pontevedra

    Caldeiro de bronce do Monte do Castro (Ribadumia). Museo de Pontevedra

O xacemento de Alobre, emblemático da ría de Arousa, é unha comunidade de mariscadores. O castro parece integrado nos circuítos comerciais controlados polos mercadores fenicios, aproveitando a súa posición estratéxica ao sur da desembocadura do Ulla. Púidose identificar unha gran cantidade de materiais de importación púnicos e tardopúnicos, o que converte a Alobre nun verdadeiro emporio de longa duración que persistirá en época romana.

Ilustración Xacemento Monte do Castro (Ribadumia)

O xacemento de Monte do Castro en Ribadumia exerce o control do territorio ao emprazarse sobre un esporón desde onde se domina o val final do río Umia, con visibilidade directa sobre unha ampla paisaxe. Nos séculos III e II a. n. e. o castro sofre unha gran transformación: as antigas cabanas de materiais perecedoiros abandónanse e as defensas do asentamento adquiren unha gran monumentalidade.

5NA ESFERA DE ROMA: GALLAECIA. SÉCULOS I-III

Monte do Facho (Cangas)
Os romanos levaban tempo tentando facerse coas rutas do estaño e a súa primeira expedición militar ao noroeste é a incursión de Décimo Xuño Bruto cara ao 137 ou 136 a. n. e. Coas guerras cántabras (29-19 a. n. e.) Roma consegue controlar a explotación dos ricos recursos de metal do noroeste, a pacificación da zona e a consolidación do comercio marítimo polo Atlántico e o Cantábrico. O territorio de Gallaecia acábase integrando no Imperio Romano como eixo das comunicacións marítimas entre o Atlántico e o Mare Nostrum. As unidades familiares nas que predominaban as plantas circulares con cubertas vexetais dan paso a plantas complexas, articuladas en función de sucesivas necesidades. Unha adecuada aplicación conxunta e equilibrada de tecnoloxía e organización fixo posible acometer traballos de gran envergadura descoñecidos ata a época. As sociedades galaicas intégranse no Imperio Romano tras a conquista militar do noroeste peninsular, aínda que experimentan un conflito entre tradición e modernidade.

  • Fíbula zoomorfa do Monte do Castro (Ribadumia). Museo de Pontevedra

    Fíbula zoomorfa do Monte do Castro (Ribadumia). Museo de Pontevedra

  • Cunco de cerámica de Santa Trega (A Guarda). MASAT

    Cunco de cerámica de Santa Trega (A Guarda). MASAT

As salinas de Vigo constitúen o único exemplo de salina mariña de evaporación solar conservado e musealizado de todo o Imperio Romano. Esta factoría industrial instalouse a partir da segunda metade do século I e estivo en funcionamento durante polo menos dous séculos, ata que a actividade decaería por varios motivos, como foi o cambio climático, que elevou o nivel dos mares e arruinou as salinas que servían para alimentar a industria da salgadura. Vigo era un importante centro portuario da fachada peninsular atlántica entre os séculos IV e VII. Os mercadores traían materiais procedentes do norte de África, do Levante, de Grecia, de Chipre, de Italia, do sur da península ibérica ou da Galia atlántica, non só ánforas ou cerámicas sigillatas, senón tamén cerámicas comúns ou bronces. Vigo ponse así ao mesmo nivel que outros importantes portos da Antigüidade como Burdigala (Bordeos), Massalia (Marsella) ou Tarraco (Tarragona).

Villa de Toralla (Vigo)
Salinae (Vigo)

A illa de Toralla foi unha vila marítima que estivo habitada entre o 320 e o 450 e unha das chaves de entrada á ría de Vigo. Coa romanización, a illa albergou o cemiterio das e os que vivían no continente. Este asentamento estaba formado por unha residencia principal e un edificio secundario (casa do servizo doméstico), ademais contaba cun establecemento termal propio. O complexo parécese moito a outros edificios semellantes e coetáneos exhumados en Bretaña, Xermania e a costa gala. Toralla é unha das vilas costeiras máis importantes e coñecidas do noroeste peninsular e que mellor exemplifica o modelo de vila a mare.

6A PROVINCIA DE GALLAECIA. FINAIS DO SÉCULO IV-VI

Crismón de Quiroga (Museo Diocesano Catedralicio de Lugo)
Nos séculos IV e V a Gallaecia cristiá vive un período de renacemento cultural protagonizado por membros da elite galaicorromana, que destacan no ámbito da historiografía e a teoloxía. Constrúense basílicas, baptisterios, pequenos mosteiros ou cenobios; estes edificios sitúanse tanto no ámbito urbano como no ámbito rural. A diferenza doutros cultos orientais o cristianismo na Gallaecia expándese sobre todo polo mundo rural, cando comeza a ser asumido como fe por amplos sectores da poboación. É agora cando se organizan os primeiros concilios no noroeste e técese unha primeira organización parroquial. Aínda que as elites galaicorromanas viron a chegada dos suevos como unha catástrofe, finalmente deuse unha alianza entre ambos os grupos de poder. O Reino Suevo adoptou as fórmulas estatais romanas e conseguiu establecer a organización parroquial galega. Neste momento potenciouse a explotación económica e comercial da costa galega, ata onde chegaron produtos de Oriente Próximo, Exipto, Grecia, norte de África ou a Galia.

  • Ladrillo con crismón. Museo Provincial de Lugo

    Ladrillo con crismón. Museo Provincial de Lugo

Villa romana de Adro Vello (O Grove)

A vila romana de Adro Vello sitúase en San Vicente do Mar, no Grove. Alí documentáronse restos que formaban parte dunha pequena fábrica de salgadura, en uso nos séculos I e II, sobre a que se constrúe posteriormente unha vila baixorromana. Como no caso do xacemento veciño da Lanzada estableceuse aquí unha necrópole funeraria. En época sueva levantouse un novo centro relixioso, en uso durante os séculos VI e VII.

O Museo Quiñones de León, situado no antigo pazo de Lavandeira, alberga unha sección de arte con máis de 1.500 obras de pintura, escultura, debuxo, estampa e artes aplicadas. Dispón de materiais dun gran número de xacementos, tanto de Vigo como de Galicia e doutras partes da península. Os seus fondos son de extraordinario interese para coñecer a historia da cidade olívica desde o século XV ata os nosos días. Un dos seus principais atractivos é a súa zona axardinada, concibida ao estilo dos grandes xardíns da Francia barroca de finais do século XIX, con seis partes diferenciadas. Entre a gran variedade de plantas exóticas e ornamentais que deleitan ás e os visitantes destaca a presenza de camelias xapónicas de máis de 200 anos, un tesouro botánico que o converte en cita imprescindible da Ruta da Camelia do Destino Rías Baixas .A illa de Toralla foi unha vila marítima que estivo habitada entre o 320 e o 450 e unha das chaves de entrada á ría de Vigo. Coa romanización, a illa albergou o cemiterio das e os que vivían no continente. Este asentamento estaba formado por unha residencia principal e un edificio secundario (casa do servizo doméstico), ademais contaba cun establecemento termal propio. O complexo parécese moito a outros edificios semellantes e coetáneos exhumados en Bretaña, Xermania e a costa gala. Toralla é unha das vilas costeiras máis importantes e coñecidas do noroeste peninsular e que mellor exemplifica o modelo de vila a mare.

7AUDIOVISUAL

Xacemento de Santa Trega (A Guarda)

A exposición remata cun audiovisual no que se presentan espectaculares imaxes aéreas que convidan á e o visitante a percorrer as distintas paraxes galegas das que as estruturas arqueolóxicas forman parte. Este percorrido permite achegarse a unha selección de xacementos arqueolóxicos e inspeccionar as súas estruturas mediante zoom. Desta maneira, a exposición culmina cunha actuación que interconecta os distintos elementos mostrados ao longo dela, mostrando a riqueza dos xacementos arqueolóxicos e a súa monumentalidade na paisaxe como testemuño da historia.

 

Se visitas As Rías Baixas non podes perder o seu rico patrimonio arqueolóxico… www.turismoriasbaixas.com