A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez no concerto inaugural do Coro Feminino Concepción Arenal da Coral Casablanca

04/05/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde no Salón Nobre do Real Club Náutico de Vigo ao concerto inaugural do Coro Feminino Concepción Arenal da Coral Casablanca de Vigo, dirixido por Lucila Pestana. Sánchez puido desfrutar dun amplo repertorio de música con pezas como “Panis Angelicus” de C. Cascionlini, “Ave Regina” de H. Artúr, “Evenstar” de H. Shore, “Yesterday” de Lennon e McCartney ou “Quérote” de Mario Benedetti con música de A. Favero.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.